viernes, 22 de junio de 2018

FIN DE CURSO E CÁPSULA DO TEMPO



Vaia dous dias de fin de curso que estamos a ter! Celebramos os aniversarios do verán, fixemos unha pequena actuación cos de segundo, unha sesión de baile e música no patio, tamén con eles e preparamos A CÁPSULA DO TEMPO.
Unha mestra compartiu esta bonita idea: preparar unha caixa con cousas do 1º curso e que queda baixo custodia da directora para logo abrila ao rematar 6º. Nela metimos uns debuxos dos nosos autorretratos, do que pensamos que queremos ser e dos amigos. Tamén metimos un xornal, a revista do cole,  un folleto de xoguetes, cromos, algunha manualidade, xoguetes, fotos e un código QR de vídeos e fotos. Xa sabedes, a caixa non se abrirá ata xuño de 2023.


 

Agora a disfrutar do verán "FELICES VACACIÓNS"

No hay comentarios:

Publicar un comentario